Mostrando entradas con la etiqueta cumpreanos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cumpreanos. Mostrar todas las entradas
viernes, 6 de febrero de 2009
lunes, 26 de enero de 2009
martes, 20 de enero de 2009
lunes, 1 de diciembre de 2008
martes, 25 de noviembre de 2008
Toñito (tains para os amigos) de cumpreanos.
domingo, 19 de octubre de 2008
lunes, 13 de octubre de 2008
Cumpreanos Jan
Queremos felicitar ao noso amigo e colaborador deste blog Alejandro Lamas (Jan) que cumpre 32 anos. Sen dúbida unha das persoas máis polifacéticas do pobo (xogador de Ping Pong ,Fútbol, Baloncesto,Cubo de Rubik, Gaiteiro,friki,Conferenciante,blogero,Bailador,Químico,Informático …).

Aquí o tedes practicando algunhas destas actividades.
Felicidades Jan!!
Cabe destacar que hoxe tamén cumpre anos Cesar Ferrío (34) e Roberto Asturias.

Aquí o tedes practicando algunhas destas actividades.
Felicidades Jan!!
Cabe destacar que hoxe tamén cumpre anos Cesar Ferrío (34) e Roberto Asturias.
martes, 29 de julio de 2008
Outro cumpreanos mais!!! YAGO
Onte Fran, e hoxe Yago... O tempo pasa para todos e o noso amigo cumpre 33 tacos. Hai que ver que ben se conservan Fran e Yago.
"Eu tamén fun rapás"
"Eu tamén fun rapás"
FELICIDADES!!!!
lunes, 28 de julio de 2008
CUMPREANOS DE FRAN
Hoxe 28 de Xullo o locutor de radio mais famoso da Costa da Morte Fran Hermida cumpre 33 anos...... agora só fai falta que o celebre ,desde este blog queremos darlle todas as nosas felicitaciones...tamén felicitar a Alex que cumplio anos a outra semana, non poño foto por que xa tedes unha na entrada de abaixo.

Felicidades!!

Felicidades!!
lunes, 14 de julio de 2008
Cumpreanos de Pau e Ximena
O pasado sábado celebrouse un dos cumpreanos mais VIP que se recordan, tanto pola exclusividade do local onde tivo lugar, coma pola presencia da crème de la crème da nosa banda. Unhas das poucas ausencias, a de Quinez, que a bo seguro estaba "dándolo todo" (y más) nesa comida campestre.
Michy, amosando unhas exquisitas maneiras, exerceu como perfecto anfitrión consorte, e obsequiaba a cada un que entraba cunha rica caipiriña, con materia prima traida directamente de Brasil, o que demostra que cando estivo embarcado non so pensou en encher a faltriqueira, senon tamén nas merendas veraniegas.
E si señor, de abrir o Dados, abrilo de verdade, encendendo o letreiro e todo, o que provocou a chegada de visitantes inesperados como Hasan, quen non paraba de preguntar quen collera o Dados desta volta, e sinalaba que a festa de inauguración estaba moi ben, con tartas e aperitivos. Empezou a ter a mosca detrás da orella cando viu que ninguén pagaba as copas, por moitas que tomase, e que por momentos había mais xente detrás da barra que diante.
Os que tardaron un pouco mais en chegar foron os Champiñóns do Torneo de Futbol sala, Yago , Youcas e Xabi (este último sen enda...) os que intentaron, sen éxito, convencernos de que Juan da Gavilla lles invitou a unhas copas. Ala, ala... contámede outra...
Nunha noite na que Ote non brillou especialmente, Xabi encargouse de ocupar o seu sitio, baldeando repetidas veces a todos, ordenador incluido.
E para rematar , tivemos o momento Dancing. Tras consultar co noso avogado particular do blog, Eduardo Insúa, asesor para a TVG da Lei de protección de datos, e contando co visto bo do protagonista, decidimos publicar parte do video dun dos bailaríns que serán homenaxeados o vindeiro día 1 de agosto.

Si señor, se alguén se merece esa homenaxe, ese é fillo de Bouzas
miércoles, 9 de julio de 2008
Paula e Ximena de Cumpreanos
Este Sábado 12 de Xullo, as 23:00h celébrase o cumpreanos de Paula e Ximena.O lugar escollido será o Dados Pub, na celebración a xente sera obsequiada cunha bolsiña de Chuches, e os mais valentes poderán mollar gusanitos na Fanta de Naranja. Haberá unha piñata que a romperá o que gañe na carreira de sacos, xogaremos ao pano, ao escondite Inglés e a tres mariños á mar ...e outros tres a navegar.
Moitas Felicidades!!!
lunes, 16 de junio de 2008
A cajamos, a cajamos...
Seguimos de celebracións e de cumpreanos. Desta volta tócanos felicitar ó decano da banda, a ese amigo que fixo un pacto co Diablo e vai pulindo a xeración tras xeración (agora está pasando pola pedra á banda de Bandarritas e Homijato), a ese amigo do que todos nos lembramos os domingos da Carballeira (e non precisamente por nada bo), a ese amigo que os sábados pola noite nunca repite unha frase, porque sabe que a primeira vez xa o entendiches, a ese amigo que canta agarrado ás verxas de Jan os días que este non sae, a ese amigo que conseguíu estar no mais alto da lista "Wanted" do Nerio...
Falamos, como non podía ser doutro xeito de NOELLE:
Falamos, como non podía ser doutro xeito de NOELLE:
A pesar de que na foto luce o número 15, está oficialmente nos 39 tacos. E dicimos "oficialmente" porque é posible que algúns de vos non lembredes a historia de "A cajamos"...
"A cajamos, a cajamos..."
O 16 de xuño, ademais de ser o cumpreanos de Noelle, é San Adrián (felicidades para o fillo de Lou e Mari). No ano 1990 non moitos corcubioneses subiron a Toba a agarrar unha merenda. Cando estaba rematando a verbena, quedaban no campo da festa Tito, Roi, Noelle, Pacha, Fofo e Bruno, en resumo, o mellor de cada casa.
Bruno era coñecido pola súa pericia ó volante (os mirtos do paseo ainda están temblando), e ofreceuse amablemente a baixar a todos ata a praza. Facendo un reparto moi equilibrado de pesos, situaronse Bruno e Noelle diante, e detrás Tito, Roi, Pacha e Fofo (joder...)
Todo ía sobre rodas ata que na curva do Frontera perderon o control do coche, índose hacia a cuneta dereita. Un rápido volantazo non conseguiu mais que o coche saise despedido á esquerda, saltado por riba dun muro e quedando boca abaixo entre dous pinos do Trancho (aposto o que sexa que ainda así a Noelle non lle caeu nin gota do cubata).
Tras uns primeiros segundos de silencio, Fofo pronunciou as célebres palabras:
"A cajamos, a cajamos...", acompañado de moito nerviosismo polo gran cheiro a gasolina que comezaba a haber no coche.
Pouco a pouco foron saindo do vehículo os 6, e gracias á proximidade do servicio de urxencias, foron ata el polo seu propio pé.
O indidente saldouse con varias contusións por parte de 5 dos ocupantes, e dicir, todos menos un. Si, estades no certo, a pesar da aparatosidade do siniestro, e para sorpresa de todos Noelle saíu ileso (Suso encargaríase anos mais tarde de axusticiar a situación cun quinto... pero iso é outra historia).
Polo tanto, Noelle ese día volveu a nacer, e celebra desde ese ano o seu dobre cumpleanos. Deste xeito, se non faian os cálculos, Noelle hoxe cumpre 58 tacos (39+19).

MOITAS FELICIDADES
jueves, 12 de junio de 2008
Iaguito cumpre 2 aniños
Queremos felicitar desde este blog a IAGUITO, o neno de Alex e Gracia... (¡copiame algo o nome!) ,ese mociño de melenas loiras que asemella un cantante dun Grupo de Rock (IAGUITO COBAIN).
Aquí o tedes en pose de artista e cunha camiseta da época escura do pai.
FELICIDADES!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)