O pasado sábado celebrouse un dos cumpreanos mais VIP que se recordan, tanto pola exclusividade do local onde tivo lugar, coma pola presencia da crème de la crème da nosa banda. Unhas das poucas ausencias, a de Quinez, que a bo seguro estaba "dándolo todo" (y más) nesa comida campestre.
Michy, amosando unhas exquisitas maneiras, exerceu como perfecto anfitrión consorte, e obsequiaba a cada un que entraba cunha rica caipiriña, con materia prima traida directamente de Brasil, o que demostra que cando estivo embarcado non so pensou en encher a faltriqueira, senon tamén nas merendas veraniegas.
E si señor, de abrir o Dados, abrilo de verdade, encendendo o letreiro e todo, o que provocou a chegada de visitantes inesperados como Hasan, quen non paraba de preguntar quen collera o Dados desta volta, e sinalaba que a festa de inauguración estaba moi ben, con tartas e aperitivos. Empezou a ter a mosca detrás da orella cando viu que ninguén pagaba as copas, por moitas que tomase, e que por momentos había mais xente detrás da barra que diante.
Os que tardaron un pouco mais en chegar foron os Champiñóns do Torneo de Futbol sala, Yago , Youcas e Xabi (este último sen enda...) os que intentaron, sen éxito, convencernos de que Juan da Gavilla lles invitou a unhas copas. Ala, ala... contámede outra...
Nunha noite na que Ote non brillou especialmente, Xabi encargouse de ocupar o seu sitio, baldeando repetidas veces a todos, ordenador incluido.
E para rematar , tivemos o momento Dancing. Tras consultar co noso avogado particular do blog, Eduardo Insúa, asesor para a TVG da Lei de protección de datos, e contando co visto bo do protagonista, decidimos publicar parte do video dun dos bailaríns que serán homenaxeados o vindeiro día 1 de agosto.

Si señor, se alguén se merece esa homenaxe, ese é fillo de Bouzas
No hay comentarios:
Publicar un comentario