Mostrando entradas con la etiqueta Universidade Popular. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Universidade Popular. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de febrero de 2009

CONVOCATORIA DA ASOCIACIÓN UNIVERSIDADE POPULAR DE CORCUBIÓN

En virtude das facultades que me confire o artigo 15 do Estatutos da Asociación Cultural-pedagóxica Universidade Popular - Escola de Verao de Corcubión convócoo/a á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no Museo da Casa da Cultura, na Rúa Vicente Fraguela, nº 14; o 14 de febreiro de 2009, ás 19.00 horas en primeira convocatoria e, de ser o caso de que o quórum sexa menor que o 51% dos socios numerarios, ás 19.30 horas en segunda convocatoria, para debater e tomar acordos sobre os seguintes asuntos da orde do día:

Primeiro: aprobación, se procede, das contas de tesourería do ano 2008

Segundo: aprobación dos orzamentos para o ano 2009

Terceiro: Suxestións e preguntas.

lunes, 14 de julio de 2008

Festival 25 Aniversario Baile Nerio

O pasado venres tivo lugar na Casa da Cultura unha reunión informativa para organizar o Festival do 25 Aniversario do Baile Nerio, e a verdade é que a participación dos interesados non foi o que se pode dicir masiva.



A idea é, coma xa comentamos, poder preparar algunha peza coa xente que bailou ó longo destes 25 anos, así que xa sabedes, se algún dos que estades a ler este artigo formáchedes parte do Baile Nerio estades a tempo de participar nos ensaios para poder facer un bo espectáculo o día 1 de agosto. Para os mais reacios sirva como aliciente e cea-merenda que terá lugar unha vez remate o acto.

viernes, 11 de julio de 2008

A UNIVERSIDADE POPULAR ORGANIZA UN FESTIVAL O 1 DE AGOSTO

A Universidade Popular de Corcubión fai público o seguinte anuncio



A UNIVERSIDADE POPULAR ORGANIZA UN FESTIVAL O 1 DE AGOSTO

25º ANIVERSARIO “XUNTANZA DO PASADO E DO PRESENTE DO BAILE NERIO” 1 DE AGOSTO DE 2008

A UNIVERSIDADE POPULAR DE CORCUBIÓN CONVOCA A TODAS/OS AS/OS COMPAÑEIRAS/OS QUE FORMARON PARTE DO GRUPO DE BAILE NERIO DE CORCUBIÓN, DENDE A SÚA CONSTITUCIÓN ATE O DE AGORA, PARA ORGANIZAR CON TODOS ELES UN FESTIVAL DE BAILE O 1 DE AGOSTO.

ACUDIDE Á CASA DA CULTURA O VENRES 11 ÁS 22.00 HORAS; ALÍ DEPARTIREMOS SOBRE OS DÍAS PARA FACER ENSAIOS E PREPARAR A ACTUACIÓN DO DÍA 1 DE AGOSTO.

O OBXETIVO É QUE TODAS AS XERACIÓNS XUNTEMONOS PARA DESFRUTAR UN DÍA DO BAILE; RECORDANDO E FACENDO RECORDAR VELLOS TEMPOS!!