Mostrando entradas con la etiqueta Deportes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Deportes. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de julio de 2008

A Gavilla Champiñón!!

Pub A Gavilla proclamouse gañador do segundo torneo de copas ao derrotar na final a Bar Suiza(hamburguesas, bocadillos...) por un contudente 8 a 3. Antes de chegar á final o equipo de Juan Cernadas tivo que apear do torneo a Bar San Martín e Restaurante Marichu .A superioridade dos Gavilleros foi aplastante en todo o Torneo.


Os Xogadores celebraron o título conseguido.







martes, 1 de julio de 2008

TORNEO DE COPAS

Ocho establecimentos hosteleiros de Corcubión vivirán o vindeiro sábado 12 de xullo de 2008 o II Torneo de Copas ,o nome que pón a nota simpática, non evita que o maratón non se tome en serio, e que os piques non sexan de traca, nun concello onde todo, mesmo as festas, son fonte de desputas.




O ano pasado foi o restaurante San Martín o campión e este ano parte como favorito.
Son varias as reglas do maratón: só pode haber un xogador extracomunitario (é dicir, de fóra do concello), e alo menos teñen que haber 2 de máis de 35 anos no campo. O premio é unha das principais singularidades do torneo. O equipo gañador revertirá o premio (a suma dos 35 euros de cota de inscrición dos 8 equipos), nunha cea entre os xogadores no propio establecimento gañador. Un bonito xeito de pasalo ben e de revertir no propio negocio, de xeito que cada quen correrá polo que lle toca. Haberá ademais trofeo ao mellor xogador aportado pola imprenta Costa da Morte, ao igual que un trofeo do Concello.(quepasanacosta)






Cadro do torneo
10:00: A - O Pazo - Tío Moncho;
11:00: B - Suiza - Sirena;
12:00: C - San Martín - A Gavilla;
13:00: D - Apartahotel - Marichu;
17:00: Gañador A - Gañador B;
18:00: Gañador C - Gañador D;
21:00: Gran Final.