Mostrando entradas con la etiqueta SPS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de julio de 2008
lunes, 30 de junio de 2008
jueves, 26 de junio de 2008
SPS: Sitio collido
Mais novas de San Peter. Xa temos o sitio reservado. Non foi sinxelo, nin o sitio é o mellor, pero este ano a xente apurou moito e esta tarde a zona das mesas xa estaba practicamente collido (como se nota que dan bo tempo para a fin de semana).
Tivemos que facer un gran traballo de enxenería que a bo seguro lle valería a Quinez como un par de creditos de libre configuración na súa carreira. Para que vos fagades unha idea, estamos na zona do ano pasado, pero mais pegados ó muro. Temos a lareira, e unha pequena mesa na Zona 1, e outra mesa mais grande, na Zona 2, maxistralmente conectadas ambas zonas por un espacioso pasillo. Loxicamente o resto dos sitios e mesas estaban collidos.

As outras opcións pasaban por non ter ningunha mesa, ou estar na zona dos castiñeiros, e a verdade que coas muletas non me apetecía moito ter que estar saltando todo o día o muro.
Desde este enlace podedes comprobar onde estamos.
E non vos esquezades do "Espiritu de San Peter"
O espiritu de San Peter
A lista de tarefas pendentes para San Peter é cada vez menor, e imos atando mais e mais cabos.
Este ano, nun alarde de orixinalidade teremos como menú principal churrasco e empanadas (que raro...). Tamén haberá os tipicos "entrantes" de aceitunas e patacas fritas (non vos preocupedes, que non deixaremos a Suso que colla esas patacas de sabor tan estrano).
Unha das cousas que parece tontería pero fai subir bastante os gastos son os vasos de tubo de plástico, e tocará a 1 por persoa (salvo uns poucos de reposto) así que tede coidado con eles. Sei que dicir esto é unha tontería con xente "tan habilidosa" como Ote, pero dito queda.
Queremos desde aquí facer tamén un chamamento ó espiritu de San Peter, o que nos fai compartir entre todos aquelas cousas que cada un leva, como a ensalada de Iria, a tortilla de Jan, as botellas de licor de Quinez ou a de whisky de Michy. Así que animamos a todos e cada un de vos a que levedes algo, por pouco que sexa, e que permita complementar o "gran banquete" de churrasco e empanadas.
Realmente o título de esta entrada podía ser "A galiña non da para mais...", pero pensamos que "O espiritu de San Peter" é mais romántico, a pesar de que non exprese tan ben como o outro a idea de que non hai mais cartos.
E, esta vez si en serio, graciñas a tódolos que estades colaborando, dunha forma ou outra.
!Juntos podemos!

miércoles, 25 de junio de 2008
martes, 24 de junio de 2008
SPS: Xuntando material
Non queda nada, case cuestión de horas...
As previsións de tempo parece que acompañan, así que non sei que carallo faremos toda a mañá se non hai que montar os toldos... (teremos que "garimbear de mañá", como diría Pichadas). Practicamente temos todo o diñeiro. Faltan 3 ou 4 persoas por pagar. Agardaremos un día mais e no caso de que non solten a galiña, como toda boa comisión, faremos público o listado de morosos (¿oiches You?).
A verdade e que facendo cálculos de pelas, parece que imos andar xustos (pa que logo digan que é desaceleración e non crise). Para minimizar gastos, e porque todos os anos pasa o mesmo, andamos á busca de material (común ou non) que se poida subir, tal como barreños, bandexas, pinzas, neveritas... Se tedes algo que podedes aportar, por favor, deixade un comentario ou enviade un mail a Jan ou Yago, para que non se merque (pensade que canto menos material se merque, mais cervexa haberá).
Finalmente, xa están encargadas as camisetas. Hoxe pola mañá fíxose o encargo, e lamentablemente non hai posibilidade de facer modificacions no mesmo. Para aqueles que non indicáchedes a talla, colleuse a mesma que a do ano pasado, así que se o bandullo creceu durante o inverno todavía tedes ata o sábado para dar a volta a Redonda.
Coma sempre, gracias pola vosa colaboración, e ata o sábado

lunes, 23 de junio de 2008
martes, 17 de junio de 2008
Arriando galiña para SPS
Non queda nada, cuestión de días para San Peter (o 28, que é o día bo, non o 29).
Unha vez mais, temos que agradecer a colaboración de todos, GRACIAS. Chamadas continuas pola vosa parte, a xente preocupada que ainda non puxo os cartos, por correo chegan diariamente entre 4 e 5 propostas para camisetas., por SMS enviáchedes as tallas de cada un... En serio, GRACIAS, non agardabamos outra cousa.
Como xa non dábamos abasto collendo os cartos, creamos unha conta para que fagades unha xentil donación de 25€ por cabeza:
2100 5827 06 0100030911
A conta é en La Caixa (en fin, poñer ó raposo a coidar "a galiña")
Non vaiades correndo a ingresar os cartos porque Yago e Jan xa adiantan todo o que se precise, nin tampouco subades o día de SPS antes das 12, porque seguro que ainda non remataron de colocar todo e ó mellor vos toca carrexar algo.

martes, 3 de junio de 2008
Organizando SPS
Xa temos moi cerca SPS (28 de xuño) así que, como tódolos anos, hai que ir preparando a lista de xente que vai subir, entre outras cousas, para facer previsión de comida, camisetas, e galiña que imos xuntar. Posiblemente a cuota sexa coma a dos 2 últimos anos (25€ por persoa "full equip") pero hai que ver si a famosa crise (ou recesión segundo quen fale) non fixo subir moito os prezos.
Esta entrada irase actualizando coa lista de persoas que están apuntadas. Para irse anotando, por favor, deixade un comentario indicando os vosos nomes.
Lista de Seguros (20)
* Iria e Javi
* Jan e Raquel
* Loreto
* Marco e Jessica
* Marcos Palillo
* Milita
* Miro
* Nacho, Marta, Nachete e Anita
* Noelle
* Ote
* Quinez
* Susín (ó que agora lle chaman Suso)
* Trotis
* Yago
Lista de Non confirmados (2)
* Michy e Paula (pendentes de que lles dea permiso a madre... patria)
* Amig@s de Loreto

viernes, 30 de mayo de 2008
Definitivo:"O Sábado 28 subimos a San Peter"
Cunha aplastante maioría (85%), a opción gañadora para subir a San Peter foi o sábado 28. Somos sabedores que gran parte do éxito de SPS foi debido á campaña que Isidro fixo entre os parroquiáns, que se volcaron masivamente a votar ó SÁBADO como mellor opción para a festa. As súas palabras, unha vez coñecedor da nova foron: "todo Corcubión ten as portas abertas".
Destacar tamén a activa promoción do evento que fixo Toja, quen incluso non tivo reparos en recriminar publicamente a aquelas persoas que non se amosaban partidarias de subir o SÁBADO.
A todos eles: GRAZAS, e nos vemos en SPS.
P.D Material recomendado para levar:
1º-

Suscribirse a:
Entradas (Atom)