Non queda nada, case cuestión de horas...
As previsións de tempo parece que acompañan, así que non sei que carallo faremos toda a mañá se non hai que montar os toldos... (teremos que "garimbear de mañá", como diría Pichadas). Practicamente temos todo o diñeiro. Faltan 3 ou 4 persoas por pagar. Agardaremos un día mais e no caso de que non solten a galiña, como toda boa comisión, faremos público o listado de morosos (¿oiches You?).
A verdade e que facendo cálculos de pelas, parece que imos andar xustos (pa que logo digan que é desaceleración e non crise). Para minimizar gastos, e porque todos os anos pasa o mesmo, andamos á busca de material (común ou non) que se poida subir, tal como barreños, bandexas, pinzas, neveritas... Se tedes algo que podedes aportar, por favor, deixade un comentario ou enviade un mail a Jan ou Yago, para que non se merque (pensade que canto menos material se merque, mais cervexa haberá).
Finalmente, xa están encargadas as camisetas. Hoxe pola mañá fíxose o encargo, e lamentablemente non hai posibilidade de facer modificacions no mesmo. Para aqueles que non indicáchedes a talla, colleuse a mesma que a do ano pasado, así que se o bandullo creceu durante o inverno todavía tedes ata o sábado para dar a volta a Redonda.
Coma sempre, gracias pola vosa colaboración, e ata o sábado

No hay comentarios:
Publicar un comentario