jueves, 26 de junio de 2008

SPS: Sitio collido

Mais novas de San Peter. Xa temos o sitio reservado. Non foi sinxelo, nin o sitio é o mellor, pero este ano a xente apurou moito e esta tarde a zona das mesas xa estaba practicamente collido (como se nota que dan bo tempo para a fin de semana).

Tivemos que facer un gran traballo de enxenería que a bo seguro lle valería a Quinez como un par de creditos de libre configuración na súa carreira. Para que vos fagades unha idea, estamos na zona do ano pasado, pero mais pegados ó muro. Temos a lareira, e unha pequena mesa na Zona 1, e outra mesa mais grande, na Zona 2, maxistralmente conectadas ambas zonas por un espacioso pasillo.
Loxicamente o resto dos sitios e mesas estaban collidos.


Marco e Jessica lucindo moreno "USA" e de paso acordonando a zona


O noso sitio deste ano desde outro ángulo

As outras opcións pasaban por non ter ningunha mesa, ou estar na zona dos castiñeiros, e a verdade que coas muletas non me apetecía moito ter que estar saltando todo o día o muro.

Desde este enlace podedes comprobar onde estamos.

E non vos esquezades do "Espiritu de San Peter"

2 comentarios:

vintxuca dijo...

Que pasou yaguiño... ¿Por que tes muletas??? o sabado pasado, no super concerto animaderrimo ese o que me levachedes, tiñas as duas patas enteiras... bueno sexa o que sexa PRONTA RECUPERACIÓN!!!! un bikinho.

Anónimo dijo...

o lesionado e Jan