lunes, 16 de junio de 2008

A cajamos, a cajamos...

Seguimos de celebracións e de cumpreanos. Desta volta tócanos felicitar ó decano da banda, a ese amigo que fixo un pacto co Diablo e vai pulindo a xeración tras xeración (agora está pasando pola pedra á banda de Bandarritas e Homijato), a ese amigo do que todos nos lembramos os domingos da Carballeira (e non precisamente por nada bo), a ese amigo que os sábados pola noite nunca repite unha frase, porque sabe que a primeira vez xa o entendiches, a ese amigo que canta agarrado ás verxas de Jan os días que este non sae, a ese amigo que conseguíu estar no mais alto da lista "Wanted" do Nerio...

Falamos, como non podía ser doutro xeito de NOELLE:



A pesar de que na foto luce o número 15, está oficialmente nos 39 tacos. E dicimos "oficialmente" porque é posible que algúns de vos non lembredes a historia de "A cajamos"...

"A cajamos, a cajamos..."

O 16 de xuño, ademais de ser o cumpreanos de Noelle, é San Adrián (felicidades para o fillo de Lou e Mari). No ano 1990 non moitos corcubioneses subiron a Toba a agarrar unha merenda. Cando estaba rematando a verbena, quedaban no campo da festa Tito, Roi, Noelle, Pacha, Fofo e Bruno, en resumo, o mellor de cada casa.

Bruno era coñecido pola súa pericia ó volante (os mirtos do paseo ainda están temblando), e ofreceuse amablemente a baixar a todos ata a praza. Facendo un reparto moi equilibrado de pesos, situaronse Bruno e Noelle diante, e detrás Tito, Roi, Pacha e Fofo (joder...)


Todo ía sobre rodas ata que na curva do Frontera perderon o control do coche, índose hacia a cuneta dereita. Un rápido volantazo non conseguiu mais que o coche saise despedido á esquerda, saltado por riba dun muro e quedando boca abaixo entre dous pinos do Trancho (aposto o que sexa que ainda así a Noelle non lle caeu nin gota do cubata).

Tras uns primeiros segundos de silencio, Fofo pronunciou as célebres palabras:

"A cajamos, a cajamos...", acompañado de moito nerviosismo polo gran cheiro a gasolina que comezaba a haber no coche.

Pouco a pouco foron saindo do vehículo os 6, e gracias á proximidade do servicio de urxencias, foron ata el polo seu propio pé.

O indidente saldouse con varias contusións por parte de 5 dos ocupantes, e dicir, todos menos un. Si, estades no certo, a pesar da aparatosidade do siniestro, e para sorpresa de todos Noelle saíu ileso (Suso encargaríase anos mais tarde de axusticiar a situación cun quinto... pero iso é outra historia).

Polo tanto, Noelle ese día volveu a nacer, e celebra desde ese ano o seu dobre cumpleanos. Deste xeito, se non faian os cálculos, Noelle hoxe cumpre 58 tacos (39+19).

MOITAS FELICIDADES

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Fai ben os cálculos, 2008 - 1990 =18

Anónimo dijo...

ano 1993, non no 1990

Jan dijo...

Para o que di o dos calculos, computouse o ano do accidente, así que serían 19.

De tódolos xeitos Noelle aportou a este blog documentación suficiente para rectificar a data do accidente, que foi no 1993.

Polo tanto: 39+ 16 (55 Tacos)