lunes, 21 de julio de 2008

Festa da Carballeira


Este ano con motivo da celebración do 25º aniversario da Festa da Carballeira teremos 2 días de festa. O primeiro día venres 1 de agosto a partir das 11 da noite na praza do concello teremos varios concertos cos grupos Birimbao de Galiza, Briganthya de Euskadi e os vallisolitanos Triquel.
O sábado 2 de agosto, xa na Carballeira de Velar, haberá dende as 5 da tarde diversas actuacións a cargo do Grupo de baile da A.C Castro-Meda de Zas, Banda de Gaitas Os Campantes de A Baña,o grupo de bailes populares Iar da Coruña e a banda de gaitas Ferreñas da Vilarmaior.
Xa avanzado o día a partires das 10 da noite do sábado contaremos coas actuacións de grupos de musica folk de sona e recoñecemento tanto a nivel nacional como internacional. Son grupos que xa viñeron a Zas, e que marcaron a historia da Carballeira.
Contaremos coas actuacións de Fia na Roca, grupo moi vinculado a carballeira xa que un dos seus excompoñentes Xavier Bueno é veciño de Zas, continuaremos coa actuación do grupo portugués A Quadrilha cuxas actuacións en Zas son inesquecibles para todos e todas, tal é o vinculo que os une a carballeira de Zas que ata lle compuxeron unha canción.
Actuará tamén Luar na Lubre, grupo galego de gran prestixio e recoñecemento que esta moi ligado a esta festa, sendo o grupo folk que máis veces actuou na carballeira.
Tamén nos amenizaran a noite Wolfstone, este grupo escocés é un dos mellores grupos de folk a nivel mundial que non podía faltar nesta festa.
Por último estarán con nos Clanadonia, que se ven revisamos os carteis de carballeiras pasadas non os encontraremos, pero esta banda escocesa é a herdeira de Clann an Drumma que non deixou indiferente a ninguén cos seus ritmos de percusións e gaitas que nos trasladaron a antiga Escocia.(Quepasanacosta)

No hay comentarios: