O pasado luns comezaron os preparativos para engalar as rúas de Corcubión con ese aire medieval que nos lembra que un dos fins de semana con maior número de trancas xa está preto.
Este ano, debido á proximidade das festas do Carme o número de días dispoñible para adornar o pobo son poucos, polo que se precisa toda a vosa axuda. Aquelas persoas interesadas en colaborar, por pouco que sexa (unha hora, media hora, un día) so tedes que acercarvos a praza e amosar as vosas gañas de axudar, para que o traballo non se concentre nunhas poucas persoas (que ademais, sempre son as mesmas).
E ainda que parece que o traballo comezou agora, a verdade é que unha festa deste tipo require MOITOS meses de traballo, e practicamente tras a finalización dun mercado se comeza cos preparativos do seguinte. Por exemplo, este ano fixéronse 50 novos pendóns, habendo agora case 150.

Unha das partes mais divertidas dos pendóns é o inventariado dos mesmos, que basicamente consiste en "Ti o colgas pola ventana e eu o fotografío"
Unha segunda forma de colaborar é participando como extra no torneo que haberá o venres pola noite. Será unha mezcla da representación do desembarco do ano pasado, e os torneos medievais de anos anteriores, e se celebrará na praia de Corcubión. Este ano non haberá tantos ensaios como o ano pasado, pero se pretende que veñan mais de 100 extras para que resulte mais espectacular. Os interesados podedes avisar a Perú ou a Jan (compre destacar que os 2 gañadores ós "máximos colaboradores", Suso e Noelle, xa están anotados, e isto non é en plan irónico ...)
1 comentario:
eu colaboro levando o tambor
Publicar un comentario